Sopa de letrasen galego
Reto de 5 minutos: cantas sopas es quen de resolver? Aprende vocabulario galego mentres xogas.
Sopa en xogo
Reto rematado
Ranking
Cargando…
Como se xoga
-
1
O reto
Tes 5 minutos para resolver o maior número de sopas de letras posible. Cada nova sopa aumenta a dificultade, engadindo unha letra máis á grella ou unha palabra adicional.
-
2
Atopar palabras
Selecciona palabras arrastrando desde a primeira letra ata a última.
As palabras aparecen só en horizontal ou vertical, nunca en diagonal, e poden lerse en ambos sentidos.
-
3
Puntuación
- Cada letra atopada suma 10 puntos.
- Completar unha sopa dáche 100 puntos adicionais.
- Se a completas sen erros, engádense 50 puntos extra.
- Tamén recibes un bono polo tempo restante en cada sopa.
- Se completas varias sopas seguidas sen fallos, activarase un multiplicador de puntuación.
-
4
Final do reto
O reto remata ao esgotarse os 5 minutos ou cando decidas saír (botón ✕ na cabeceira). Ao final verás un resumo coa túa puntuación e poderás gardala no ranking.
Aviso legal e privacidade
Privacidade
Esta web non require rexistro nin solicita datos persoais. Se gardas unha partida no ranking público, almacénase só o nome que ti escribas e a puntuación.
Para evitar abusos do ranking gardamos un identificador técnico anónimo (hash da IP + navegador) que non permite identificarte. Pódese rotar e invalidar en calquera momento.
Cookies e analítica
Empregamos as seguintes cookies:
- sopadeletras_sid (técnica): cookie de sesión para protexer o envío de partidas. Necesaria para que o ranking funcione. Non é de seguimento.
- _ga, _ga_XSVJ6QPBX1 (Google Analytics): permítennos saber cantas persoas xogan e que pantallas usan, para mellorar o servizo. Os datos envíanse anonimizados a Google.
Se non queres que se envíen datos a Google Analytics podes activar o modo "Non rastrexar" do teu navegador, usar un bloqueador como uBlock Origin, ou non visitar esta web.
Licenzas
- Base léxica: CC BY-NC 4.0.
- Código fonte: GPL-3.0.
- Tipografías: Merriweather e Open Sans, ambas Open Font License.
Autoría
Sopa de letras en galego é un xogo creado por As Chaves da Lingua.